
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de activar avisos amarelos por vento para o domingo 27 de decembro na montaña ourensá e no noroeste da provincia ante a chegada dunha fronte fría, asociada á borrasca “Bella”, que percorrerá a península de norte a sur ao longo do luns.
Así para a partir das 18h. do domingo a Aemet prevé rachas máximas de 80 km/h. de vento de compoñente oeste na montaña ourensá, mentres que no noroeste da provincia as rachas poderían chegar aos 70 km/h.

O aviso amarelo por vento manteresa tamén o luns 28 de decembro na montaña ourensá, onde ademais a Aemet activa outro aviso amarelo por neve dende as 00h. Prévese unha acumulación de neve en 24 horas de 6 cm. Estas acumulacións espéranse en torno aos 1.000 metros.