DeportesÚltima horaXadrez

Actividade de xadrez ao aire libre do CX Valdeorras, os días 23 e 30 de setembro no Barco

 

Os días 23 e 30 de setembro o Club Xadrez Valdeorras realizará unha actividade de xadrez ao aire libre no Paseo do Malecón do Barco en horario de 11h. a 13h. Trátase dunha proposta “de acceso gratuito, libre e apoiada pola Concellería de Deportes de O Barco de Valdeorras. Consistirá en poñer unhas mesas con taboleiros no Malecón do Barco para desfrute da veciñanza. Haberá monitores animando a actividade e axundando a tanto a persoas cativas como a maiores a iniciarse no deporte do Xadrez e xogar partidas libremente”, adiantan dende a asociación.

Ademais dende a organización matízase que “sendo unha actividade ao aire libre, deixamos o contacto do instagram (@xadrez_valdeorras) para avisar en caso de cambios-anulación (por se a choiva o impedise ou outro evento de forza maior)”.

 

Artigos relacionados

Back to top button