CulturaCulturaÚltima hora

Actividades para todos os públicos no Nadal de Quiroga

 

Iluminación de Nadal en Quiroga./ Foto: Facebook Concello de Quiroga.

 

Co acendido da iluminación das rúas, da fachada da casa consistorial e da praza España na noite do 5 de decembro abríase oficialmente o Nadal en Quiroga.

Entre as numerosas  actividades organizadas dende o Concello hai moitas específicas para os máis pequenos como a visita de Papá Noel o día 23; teatro para público infantil como Contos de Caberna a cargo de Lîla Teatro baixo a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o día 27; ou a Festa de Inchábeis no Pavillón Municipal o 3 e o 4 de xaneiro. Outras específicas para os máis maiores como a tradicional cea de Nadal o día 16 ou unha xornada de bingo o día 28.

 

 

Para os máis deportistas está o Torneo de Nadal de Fútbol Sala entre o 26 e o 29 de decembro  ou na carreira solidaria San Silvestre do día 31.

Pero sobre todo haberá actividades para participar en familia, algo moi arraigado nestas datas. O Concerto de Nadal coa actuación da Coral Polifónica de Quiroga, o día 16; a representación da obra teatral Nunca é tarde para o Amor, do grupo de teatro Augas do Sil, o día 28;  a tradicional Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro ou o espectáculo musical Un verso un cantar, a cargo do grupo La Oca contando coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística e que poñerá fin ao Nadal en Quiroga o día 6 de xaneiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button