O Bloque Nacionalista Galego da comarca de Valdeorras vén de emitir un comunicado para convidar á cidadanía valdeorresa a participar nun acto homenaxe á poeta Luísa Villalta, homenaxeada neste 2024 no Día das Letras Galegas. Terá lugar o xoves 16 de maio ás 19:00h no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras diante da estatua de Castelao.
Por outra banda, o BNG anuncia o seu respaldo á manifestación convocada para o 17 de maio ás 12:00h desde a Alameda de Santiago de Compostela pola plataforma cidadá Queremos Galego baixo o lema “Galego vivo, Galiza viva”.