PolíticaÚltima hora

Acto do PP en Santiago, con Alberto Núñez Feijóo

 

Nun acto celebrado este domingo ante máis de 1.000 persoas en Santiago de Compostela, o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, lamentaba que “o sanchismo non entendeu nada” do que España “falou” nas urnas o 28M e destaca que, se o PP gaña e goberna a partir do 23X, “o PSOE terá unha oportunidade histórica para reconstruír o partido que existía antes de Sánchez”.

Pola súa banda, o presidente do PP de Galicia e da Xunta, Alfonso Rueda, aseguraba que neste partido en “Galicia vivimos moitas loitas electorais, vivimos algunha decepción, pero moitas alegrías e agora que todo se xunta e vai ser o 23X porque o decidiu quen perdeu as últimas elección e quere como sexa salvarse, hai que dicirlle que xa basta, chegou o momento de Alberto Núñez Feijóo, de Galicia e de España”.

Entre os asistentes a este acto do PP había representantes da comarca de Valdeorras como a alcaldesa en funcións de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González, que revalidaba a maioría absoluta no 28M, ou o alcalde en funcións da Rúa, Álvaro Fernández, municipio onde o PP tamén era a forza política máis votada nas locais.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button