CulturaCulturaÚltima hora

Actos en Allariz, Castro Caldelas, Ourense e Vilar de Santos para celebrar o 60 aniversario do pasamento de Vicente Risco

O cemiterio municipal de Allariz acollía esta mañá a presentación do Risco Fest

 

A Fundación Vicente Risco organiza con motivo do 60 aniversario do pasamento de Vicente Risco unha chea de actividades repartidas polas localizacións que formaron parte da vida do escritor.
Celia Porto, Antonio Blanco, Cristina Cid e Luz Doporto asistiron na mañá de hoxe á presentación do Risco Fest.

Como explicaba Celia Porto, presidenta da fundación, os actos concentraranse en catro días, do 27 ao 30 de abril e o 5 de maio. Ourense, Allariz, Castro Caldelas e Vilar de Santos acollerán estas actividades na que terán cabida todos os públicos.

En Allariz os actos celebraranse os días 29 e 30 de abril. Comezarán o sábado 29 de abril ás 12:00h cun obradoiro, Risco en Cores. Pola tarde ás 19:30h Uhuhuhú recital poético. O domingo 30 a Praza do Matadoiro collerá un contacontos, Os contos de Risco, ás 12:00h.

Ás 12:30h será o Saúdo de Risco, no cemiterio municipal, acto institucional, no que se procederá á lectura pública da autobiografía confidencial de Vicente Risco. A este acto están convidadas diversas institucións que teñen relación coa fundación ou con persoas que no seu momento estiveron vinculadas co escritor. “É unha boa forma de homenaxealo estando presente a través da súas palabras coa lectura deste documento inédito”, indicaba Celia Porto.

O resto de actividades repártense entre Ourense, Castro Caldelas e Vilar de Santos.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, felicitou a Fundación Vicente Risco por este programada de actividades. “Conservar, difundir o legado do escritor e achegalo a sociedade é parte do traballo da Fundación Vicente Risco e con actividades como estás estano a conseguir”.

 

Artigos relacionados

Back to top button