ConcellosManzanedaÚltima hora

Actuacións de mellora e mantemento na rede viaria de Manzaneda

 

O Concello de Manzaneda vén de executar diferentes actuacións de mellora e mantemento da rede viaria e espazos municipais a través do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2023-2024, cofinanciados co Fondo Europeos de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) dependente da Conselleria de Medio Rural.

En concreto contábase cunha subvención total de 46.216,00 € distribuídos durante as anualidades 2023 e 2024. “Co obxectivo de ir mellorando diferentes tramos da rede viaria municipal planificouse a execución de tres actuacións diferentes. Neste senso, procedeuse á limpeza de cunetas e mellora do firme asfáltico da estrada OU 44008 Corredoira-Langullo, con actuación no tramo dese San Paio ata a ponte da Mourela. Ademais, mellorouse o firme na rúa “do sendeiro” de acceso ao Poboado desde a estrada provincial OU-0701”, explican dende o Concello.

 

 

A terceira das actuacións centrábase na mellora da capa de rodaxe e paso peonil da estrada estrada “OU-44001 de acceso de Rozabales, desde a contorna do cemiterio de San Martiño ata tramo posterior ao Pazo da Pena Esta actuación permitiu resolver os problemas de “bombeo” da estrada como consecuencia de raíces dos chopos no tramo desde altura das vivendas sociais ata a escola de San Martiño, así como mellorar liberar espazo para paso peonil”, matizan dende o Concello de Manzaneda.

As actuacións comezadas neste ano remataranse na anualidade 2024 cumprindo os períodos de xustificación e condicionantes da resolución da axuda pública.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button