EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Adegas Gargalo e o Grupo Terras Gauda selan un acordo

Destacan que teñen os mesmos obxectivos: "singularidade, excelencia, o vínculos aos seus respectivos territorios e a posta en valor das variedades autóctonas"

 

O Grupo Terras Gauda e Adegas Gargalo veñen de alcanzar un acordo fundamentado no potencial do Godello e os viños tintos da D.O. Monterrei. Esta incorporación ao seu proxecto empresarial é unha “alianza estratéxica forxada polos acenos de identidade común: diferenciación, orgullo de pertenza aos seus respectivos territorios, a posta en valor das variedades nobres e a procura da excelencia en todos os procesos. En definitiva, a elaboración de viños únicos, en comuñón coas súas orixes, guiados pola sustentabilidade, desde o máximo respecto á preservación da contorna, con vocación de transcender ás xeracións futuras”, tal e como sinalan ambas partes.

José María Fonseca e Roberto Verino cualificaron o acordo como “un pacto entre cabaleiros” durante a presentación do mesmo en Adegas Terras Gauda. Ambos coinciden en que, con esta unión, suman forzas en busca dun obxectivo común. Trátase dun compromiso a medio e longo prazo sobre a base dos valores que comparten, a estreita relación entre ambas as sociedades, o traballo ben feito e a amizade persoal que lles une, que parte do respecto e a admiración mutua.

 

 

O equipo humano do grupo, en colaboración co da adega de Monterrei, asumirá a xestión de todas as áreas de actividade: dirección enolóxica, empresarial e comercial, exportacións, loxística, e enoturismo, entre outras, achegando a súa experiencia e coñecemento para reforzar o posicionamento de Adegas Gargalo no mercado nacional e internacional, diversificar as súas canles de venda e potenciar a diferenciación dos seus viños. O modelo do grupo adegueiro está avalado por unha traxectoria de éxito e a súa relevancia no sector vitivinícola.

Polo potencial de crecemento da D.O. Monterrei, trátase dun acordo estratéxico para o Grupo Terras Gauda, que lle permitirá incluír no seu porfolio o Godello Gargalo, moi demandados polos diferentes mercados tanto en hostalería como nas canles de distribución, e tintos doutra denominación de orixe galega de referencia.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button