O Sergas publica neste 19 de novembro a adxudicación da contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución e da dirección de obra da ampliación de Urxencias-PAC e as actuacións de mellora da eficiencia enerxética do Hospital de Verín.
Este servizo dispón dun orzamento de 131.890. euros e contará cun prazo de execución de tres meses: un para a redacción do proxecto básico e outros dous para a aprobación do proxecto básico
A obra de ampliación das Urxencias consiste na construción dun edificio independente do Hospital que estaría situado no lado este da parcela, onde está agora situado o aparcamento, conectado directamente ao hospital a través dun corredor. Está plantexado nunha única planta, cunha superficie útil de 1.229,40 m² e unha superficie construída de 1.372,50 m².
As melloras enerxéticas previstas no hospital verinés consisten no cambio de enfriadora, instalación de paneis fotovoltaicos, substitución da iluminación por outra máis eficiente e a realización do illamento da cuberta, segundo informa a Consellería de Sanidade.