EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVER lanza unha nova edición da campaña de Nadal “Os 6.000 de Verín”

Presentación da campaña de AEVER./ Cedida.

 

A Asociación de Empresarios de Verín vén de presentar unha nova edición da campaña de fidelización de clientes “Os 6000 de Verín”. Trátase xa da terceira edición desta iniciativa “que ten moi boa aceptación entre os clientes e os nosos asociados”, din dende a directiva da entidade.

O obxetivo desta campaña comercial é premiar “os nosos clientes e incentivar as vendas neste momento tan duro para o noso sector”. Esta iniciaitiva vén de poñerse en marcha o 16 de novembro e prolongarase ata o 27 de decembro. Nela participan un total de 110 establecementos de AEVER.

A campaña presentábase onte nun acto que contaba coa asistencia do presidenta e do xerente de AEVER, Santos Álvarez e José Ángel Rodicio, respectivamente, e coa concelleira de Comercio de Verín, María Isabel González.

“A diferenza doutros anos, nesta ocasión sortearemos 15 cheques, 1 de 2.000 €, I de 1.000 €, 2 de 500 €, 3 de 300 €, 3 de 200 € e 5 de 100 €. O sorteo farase ante notario nas nosas instalación o día 28 de decembro.

A mecánica do sorteo será a seguinte. Os clientes deberán cubir as papeletas que lle entregue cada establecemento polas compras realizadas, cos seus datos de contacto (nome e apelidos, DNI e teléfono), e introducilas en calquera caixa de correos que estarán a disposición en todos vos establecementos participantes. Cubrir a papeleta implica a aceptación dás bases que estarrin a disposición na web da asociación (www.ccaverin.com).

Unhaa vez realizado ou sorteo e localizados os premiados, estes terán ata ou día 5 de xaneiro do 2023 para facer as súas compras polo importe premiado (entregaranse unhos pasaportes de canxe). Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button