En portadaÚltima hora

AEVER presenta a campaña “Namorad@s do Comercio Local”

 

Esta mañá a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) vén de presentar a campaña “Namorad@s do Comercio Local”, que se desenvolverá do 10 ao 14 de febreiro (incluído). No acto participaban o presidente e xerente de AEVER, Santos Álvarez e Xosé Ángel Rodicio, respectivamente.

Ambos explicaban que con esta iniciativa de dinamización comercial búscase “incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas polas datas sinaladas de San Valentín. Debido a época importante na que estamos na cartelería faremos un guiño o COMERCIO LOCAL, ENTROIDO E AMOR”.

Esta campaña constará de dúas parte. Por unha banda sortearanse 5 cheques regalo de 100 € cada un para mercar no comercio local. “Para participar no sorteo os nosos clientes deberán enviarnos unha foto do seu ticket de compra de algún establecemento asociado a AEVER xunto co seu nome e teléfono o correo electrónico aeverccu@gmail.com Poden participar as veces que deseen así terán máis oportunidades. O día 15 procederase o sorteo online a través de Google sortea dos e porémolo nas nosas redes sociais”, segundo a asociación.

 

 

Os gañadores terán o prazo dun mes para gastalo cun máximo de dous establecementos e
un máximo de 50€.

“Ademais repartirase entre os asociados un corazón recortado onde poña NAMORADOS DO COMERCIO LOCAL, os clientes que desexen poderán facer unha foto nos establecementos para promocionar o comercio local”, sinalan dende AEVER.

Artigos relacionados

Back to top button