CulturaCulturaÚltima hora

Agasallo pictórico de Pedro Vila ao Concello de Quiroga

 

Esta mañá o salón de plenos do Concello de Quiroga acollía un acto moi entrañable. Pedro Vila Arias, aínda que nado no veciño concello de Ribas de Sil, vinculado familiarmente con Quiroga, facíalle entrega o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, de dúas obras pictóricas con clara referencia ás antigas paisaxes do noso territorio.

Vila Arias, que exerceu durante moitos anos a súa profesión de veterinario en Lugo, goza dunha envexable saúde, adicando parte do seu tempo de ocio e lecer a pintura e visitando Quiroga para seguir lembrando os tempos de antano polos recunchos da vila.

Artigos relacionados

Back to top button