CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Álex Vázquez, primeira fichaxe do CD Barco para a nova tempada

Álex Vázquez, nova fichaxe do CD Barco.

 

En plenas vacacións de verán o CD Barco vai perfilando o equipo co que enfrontará a nova tempada 24/25. Coa chegada do mes de xullo, o primeiro anuncio era a renovación do míster, Lino Estévez, que continuará liderando o proxecto nesta campaña “A túa sorte é a nosa”, din dende o club.

A partir de aí, anunciaban a renovación de Manu Rodríguez na que será a cuarta tempada no club vermello; do mediocentro Carlos Cruz, que cumprirá cinco tempadas; do gardameta Alberto Conde; de Eric Rellán, Alejandro Ocampo e Óscar Cruz, que cumpriran a segunda tempada no CD Barco; e de Konaté que fará a súa terceira campaña.

A primeira fichaxe da tempada para o club barquense é a do defensa Álex Vázquez, procedente da UD Somozas de Terceira División. Un xogador “seguro e moi rápido para reforzar o equipo”, que tamén pasou por equipos como a UD Ourense, o Casino Arzúa ou o Almudévar.

 

Artigos relacionados

Back to top button