En portadaPolíticaÚltima hora

Alfonso Rueda toma posesión como presidente da Xunta en Bonaval

 

No Parque San Domingos de Bonaval, en Santiago, Alfonso Rueda Valenzuela tomaba posesión, por segunda vez, como presidente da Xunta de Galicia. Xuraba o seu cargo asegurando que “tomo posesión como primeiro servidor de Galicia. Fágoo para achegar o meu modesto gran de area á gran tarefa que outros iniciaron e outros continuarán”. O líder do PP era elixido presidente na tarde do xoves no Parlamento galego cos votos da maioría absoluta do seu partido.

 

 

Entre os asistentes a este acto estaban tres ex presidente da Xunta de Galicia: Fernando González Laxe, Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijóo. Antes da toma de posesión, Rueda facía, xunto a eles, unha ofrenda floral  na tumba de Castelao no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, na igrexa adxacente.

Artigos relacionados

Back to top button