PolíticaÚltima hora

Alfredo García repite como candidato socialista á alcaldía do Barco

O actual alcalde fai fincapé en que o grupo de traballo conformado polos concelleiros socialistas “temos ideas e queremos afrontar nestes catro anos a segunda transformación de O Barco”

 

O PSdeG-PSOE do Barco de Valdeorras volve a apostar por Alfredo García Rodríguez como candidato á alcaldía de cara aos comicios electorais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio. O actual alcalde do municipio, que opta a reelección despois de seis lexislaturas, sinala que o obxectivo “é seguir aportando ideas e proxectos, porque temos ganas de traballar polo noso concello e a veciñanza”.

O candidato socialista destaca que conta cun equipo “moi compacto” e que “vén traballando dende fai tempo pola transformación do Barco”. Neste senso o actual alcalde apunta que “creo que gozamos da simpatía e do apoio dos cidadáns e das cidadás polo que temos moitas ganas de devolverlle ese apoio con traballo e máis traballo”.

Alfredo García fai fincapé en que o grupo de traballo conformado polos concelleiros socialistas “temos ideas e queremos afrontar nestes próximos catro anos a segunda transformación do Barco”. Tal e como subliña o actual rexedor “fixemos a primeira transformación a principios dos anos 2000 e agora imos a realizar a segunda”.

O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía do Barco tamén afirma que “sempre estiven rodeado dun equipo que tiña moitas ganas de traballar, que querían o seu concello e que tiñan moitas ganas de mellorar a calidade de vida da veciñanza e a imaxe do municipio”. Neste senso sinala que “agora temos ganas de seguir traballando nesa mesma liña e temos numerosos proxectos e ideas para levar a cabo nos próximos catro anos”.

Por último, o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía do Barco de Valdeorras tamén fai fincapé en que a primeira condición que ten que ter un militante para presentarse a alcalde “é querer ser alcalde do seu concello, querer a súa terra, saber o que lle fai falta co municipio e querer e resolver os problemas cotiás da veciñanza” e sinala que “esas son as condicións das que non se pode prescindir para presentarse como candidato.

Artigos relacionados

Back to top button