OurenseSen categorizarÚltima hora

Allariz abrirá as piscinas municipais o vindeiro 22 de xuño

Os usuarios accederán por quendas, e non poderán superar o aforo de 30 persoas na grande e de 13 na pequena

O Concello de Allariz abrirá as piscinas municipais o vindeiro luns 22 de xuño. Os usuarios accederán por quendas, e non poderán superar o aforo de 30 persoas na grande e de 13 na pequena.

Os usuarios do ximnasio e da piscina climatizada continuarán accedendo ás instalacións con cita previa. Os aforos na piscina climatizada serán de 12 persoas por quenda, e nas salas de cardio e musculación de 6 persoas por quenda e sala. Para pedir a cita deberán chamar ao 988 442 083.

 

Piscinas municipais de Allariz.

 

O horario das instalacións será de 09:00h ás 21:00h de luns á venres e da piscina exterior de 12:00h ás 21:00h. O fin de semana e festivos, a piscina exterior estará aberta de 12:00h ás 20:00h.

Ademais, o Camping Hípica Os Invernadeiros comezou no día de hoxe. Este camping, xestionado por Reatur está situado nas beiras do río Arnoia e conta cunha pequena zona de recreo infantil, parcelas, bungalós e unha ampla cafetería con dúas terrazas exteriores.

Ademais tamén abren as súas portas as instalacións da hípica con cursos para distintos niveis e a posibilidade de poder dar un paseo en poni cos máis pequenos.

 

Camping de Hípica Os Invernadeiros.

Artigos relacionados

Back to top button