Deportes

Alto nivel no Campionato de España de Carreiras por Montaña Canón do Sil

Zaid Ait Malek e Marta Molist foron os campións individuais da carreira disputada en Parada de Sil
Os tres primeiros clasificados na categoría masculina.

Un ano máis o concello de Parada de Sil envorcouse coa organización do Campionato de España de Carreiras por Montaña de Clubs FEDME celebrado esta fin de semana.

O sábado tiña lugar unha charla técnica e xa o domingo pola mañá a carreira, cunha alta participación e nivel, que arrancaba cun minuto de silencio en lembraza das vítimas das inundacións de Mallorca.

Con respecto aos resultados individuais, na categoría masculina Zaid Ait Malek do Buff Pro Team impoñíase na liña de meta cun tempo de 3:01, seguido de Ismail Razga do Tierra Trágame. En tercera posición entraba Eduard Hernández do AE Matxacuca. Na clasificación por clubs o E.A. Matxacuca proclamábase campión de España cos puntos sumados por Eduard Hernández, Diego Arroyo, Eric Moya e Roberto Sancho que entraban entre os 15 primeiros. O Mur i Castell-Tuga era segundo, completando o podio o Alpino Benalmadena Irontriath.

 

Os equipos masculino e feminino do A.E. Matxacuca.

 

Na categoría feminina a vitoria foi para Marta Molist do AE Matxacuca cun tempo de 3:42, en segunda posición entraba Laura Sola do Lurbel Team People Sapiens, e en terceira, Sílvia Pugarnau do E.A. Matxacuca. Por equipos tamén o AE Matxacuca levaba a vitoria sobre Lurbel Team People Sapiens. A terceira posición foi para o Mur i Castell-Tuga.

Esta dura proba en pleno corazón da Ribeira Sacra puxo o broche á Copa e ao Campionato de Carreiras por Montaña en liña FEDME-Gran Premio TUGA 2018.

Artigos relacionados

Back to top button