CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do Colexio Miraflores de Pereiro de Aguiar celebran o Día da Paz no Pazo Provincial

Rosendo Fernández cos alumnos do colexio Miraflores.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe, 30 de xaneiro, no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a 35 alumnos, de 3º e 4º de Primaria, do colexio Miraflores do Pereiro de Aguiar, que visitaron a institución para conmemorar o “Día Escolar da Non Violencia e da PazW, que comezou a celebrarse “no ano 1964 e que está recoñecido pola ONU desde o ano 1993”, lembrou Rosendo Fernández.

Durante a visita, o vicepresidente da Deputación de Ourense explicoulles o labor que desenvolve a corporación provincial e os servizos que a institución presta aos municipios da provincia como “Concello dos concellos”, en materia de recadación, medio ambiente e infraestruturas, entre outras áreas. Asemade, Rosendo Fernández respondeu ás cuestións que lle plantexaron os rapaces do colexio Miraflores, que remataron o acto coa lectura do manifesto da paz.

Os alumnos, que estiveron acompañados polos seus profesores e polo director do centro, David Lázaro, recibiron un exemplar do libro “Do meu nome e outras trapalladas”, de Antonio Yáñez e ilustrado por María Díaz, obra galardoada no XIV Premio de narración e ilustración infantil e xuvenil “Pura e Dora Vázquez”, instaurado pola Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button