CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos de 1º e 2º da ESO do colexio Divina Pastora informan do proxecto sobre a doazón de sangue

 

Tal como estaba previsto, na mañá deste venres 9 de xuño poñíase en marcha no colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco o proxecto educativo sobre a doazón de sangue. Durante dous días, á entrada e saída de Primaria e Infantil patrullas de alumnos de 1º e 2º ESO informarán ás familias (tamén aos máis pequenos do centro nas propias aulas) sobre esta campaña ideada para que o alumnado adquira coñecementos e valore a importancia de doar sangue. Un programa de Aprendizaxe e Servizo (APS) que “involucra o noso alumnado na organización da súa propia campaña de difusión para concienciar á súa contorna e animar á xente a doar”, din dende o centro.

 

 

A primeira sesión informativa celebrábase hoxe de 8:45 a 9 e de 13:40 a 14 horas. A segunda será o luns día 12, no mesmo horario e xa o martes 13 de xuño colocarase unha unidade móbil de doazón na Avda. do Bierzo (fronte ao colexio) en horario de 10:30 a 14 horas. Ese mesmo día as patrullas de alumnos tamén estarán para resolver calquera posible dúbida.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button