CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos de 5º e 6º do CEIP Bibei de Viana completan as etapas do Camiño de Santiago entre Dozón e Bandeira

 

Seguindo o programa previsto, o grupo do CEIP Bibei de Viana do Bolo que está inmerso no proxecto sobre o Camiño de Santiago neste segundo Ano Xacobeo (alumnos de 5º e 6º de primaria acompañados por catro profesores), vén de completar dúas novas etapas da Vía da Prata (Ourense-Compostela).

A idea é percorrer os 100 quilómetros que separan a cidade de Ourense e Santiago de Compostela en seis etapas, dúas por trimestre. As dúas primeiras, dende a Catedral de Ourense ata Dozón con parada en Cea, realizábanas no mes de febreiro e pechando o mes de marzo completaban as dúas seguintes. Saían o martes día 29 dende Dozón chegando ese día a A Laxe aínda que durmían no albergue de Lalín e o mércores  día 30 facían a cuarta etapa entre A Laxe e Bandeira, regresando dende aí en autobús ata Viana do Bolo.

 

 

As dúas últimas etapas, dende Bandeira ata Outeiro e de aí a Compostela, realizaranas xa no mes de maio, esperando contar con máis alumnos de Primaria que polo menos os acompañen nos últimos quilómetros para entrar todos xuntos en Santiago onde recibirán a Compostela.

O proxecto, que conta coa colaboración do Concello de Viana do Bolo e de Protección Civil, está sendo unha experiencia única para coñecer un pouco máis sobre a ruta xacobea que ten como destino a Catedral de Santiago e a tumba do Apóstolo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button