ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos de FP do Bierzo visitan unha plantación de oliveiras no Barco

Nove estudantes de primeiro do ciclo de FP do grao medio “técnicos en aceites de oliveira e viños” do centro berciano La Inmaculada de Camporanaya achegábanse en novembro ata Valdeorras e Quiroga. Realizaban unha viaxe formativa para coñecer tanto zonas de cultivo como instalacións de transformación das olivas.

Así visitaban unha plantación de oliveiras no mesmo casco urbano barquense, onde o seu propietario, Juan Grande, lles ofrecía explicacións sobre o cultivo e a poda das oliveiras. Tamén viaxaban ata o concello de Quiroga para ver unha almazara.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button