CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos de Vila Real viaxan ao Barco dentro do Programa de Intercambios Culturais do Eixo Atlántico

Os escolares do Condesa de Fenosa do Barco viaxaron a Portugal o mes pasado, e agora devolven visita os alumnos portugueses

Fachada principal do CEIP Condesa de Fenosa do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Case que 50 alumnos do Barco e da localidade portuguesa de Vila Real participan desde mañá nos Intercambios Escolares do Eixo Atlántico. Trátase dunha iniciativa organizada e financiada polo Concello do Barco, no que este ano participa o CEIP Condesa de Fenosa. Con este programa, búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes concellos de Galicia e Norte de Portugal que integran Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e, neste caso en concreto, as cidades de O
Barco e Vila Real.

Os obxectivos do programa son os de promover entre estudantes e docentes o coñecemento dos municipios, así como o seu patrimonio cultural, natural e inmaterial; facilitar o intercambio entre estudantes dos diferentes municipios do Eixo Atlántico; concienciar aos estudantes da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico, integrantes dunha Eurorrexión, e promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.

Na primeira fase deste intercambio, 6 rapaces e 14 raparigas, acompañados dun profesor e unha profesora do CEIP Condesa de Fenosa, viaxaron a Vila Real os días 10 e 11 de abril. Agora, 25 alumnos e dous profesores do Agrupamento de Escolar Diogo Cão, e unha técnica do municipio de Vila Real estarán os días 8 e 9 de maio no Barco de Valdeorras, onde desenvolverán un amplo programa de actividades.

Artigos relacionados

Back to top button