Ata o 30 de novembro podía visitarse no Casino do Barco a exposición “A Cidade da Selva e a guerrilla antifranquista no noroeste peninsular”, que reúne medio millar de pezas recuperadas na escavación realizada polo equipo de Sputnik Labrego o pasado verán en dúas zonas dos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras): o Val das Morteiras e O Teixadal.
Precisamente nesta última xornada tiña lugar unha visita dun grupo de alumnos de 3º da ESO do IES Lauro Olmo da vila, acompañado por un profesor. Da man do investigador Alejandro Rodríguez coñecían o proxecto de investigación que está a desenvolver Sputnik Labrego sobre a guerrilla e o diferente material atopado, así como a información que aportan sobre a forma de vida dos guerrilleiros durante cinco anos nos campamentos da “Cidade da Selva”.
Fotos: A.R.