ConcellosÚltima hora

Ambulancias Sil participará no Plan de Autoprotección do Entroido de Verín

O Concello de Verín vén de presentar o Plan de Autoprotección para o Entroido 2018
Imaxe dun Xoves de Comadres e Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

A concelleira responsable da área de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago, presentaba na mañá do 29 de xaneiro na casa consistorial de Verín o Plan de Autoprotección para o Entroido 2018. Seguindo a liña marcada por esta concellería nos últimos anos, o obxectivo deste plan é “organizar e garantir os medios e medidas necesarias en materia de seguridade de eventos para, que tanto os veciños/as como os/as visitantes, poidan gozar do Entroido de Verín sen que se poña en risco a súa saúde e integridade física”.

Nel reflíctese a coordinación necesaria entre os diferentes equipos de emerxencia e os protocolos de actuación a seguir, no caso necesario, para garantir a seguridade do público e dos profesionais que desempeñan a súa labor nas diferentes actividades que forman parte do Entroido de Verín.

Así o plan varios apartados de medidas. O primeiro deles é o reforzo dos equipos dos grupos de emerxencia, tanto de axuda interna (Protección Civil de Verín, Protección Civil de A Gudiña, Protección Civil de Lobios, Cruz Vermella de Monterrei, Policía Local de Verín, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e Axencia Galega de Emerxencias), coma externa (CIS Ourense e Salvamento da Comarca de Verín e 061). Como novidade, este ano haberá un aumento de efectivos de Protección Civil e Cruz Vermella (120 voluntarios en total).

 

Participantes no plan de seguridade de Verín.

En segundo lugar, poranse en marcha grandes dispositivos de seguridade no desfile infantil, nos desfiles do Domingo e Martes de Entroido, o Sábado de Entroido (nestes dous últimos días contarase cunha ambulancia da empresa Ambulancias SIL) e Xoves de Comadres.

Como parte da implantación do Plan de autoprotección do Entroido de Verín 2018 realizouse ademais un programa de información xeral ao público que consta de diversas actividades preventivas e un plan de mobilidade.

Artigos relacionados

Back to top button