Dende o adro do Santuario dos Remedios partía o 19 de xaneiro ao escurecer, enre lusco e fusco, a ancestral procesión dos Fachós de Castro Caldelas. Encabezada por un xigantesco fachón de máis de 30 metros, coa imaxe de San Sebastián, e por centos de fachós individuais, a comitiva enfiaba cara o casco antigo nun traxecto só iluminado polo lume.
A procesión concluía no adro do santuario, onde se despositaba o gran fachón e os pequenos nunha gran fogueira, culminando o rito do lume purificador en medio do toque de campás, mentres soaba ademais a música das charangas TDB (Terras do Bibei), El Tatoo e o grupo de música tradicional Os Trabazos.
Multitude de persoas congregábanse un ano máis participar nesta tradición, que está declarada Festa de Interese Turístico Galego. Tras a procesión, e á beira da fogueira, comezaba a parte gastronómica da celebración con con chourizos asados, pan, viño da D.O. Ribeira Sacra, Bica e una monumental Queimada.
Fotos e vídeos cedidos.