ConcellosTrivesÚltima hora

Andaina e subida ecuestre ata Cabeza de Manzaneda para asistir á romaría da Festa da Bica

 

Continúan os actos da 50ª Festa da Bica de Trives neste domingo 30 de xullo. Así ás 8h. saía dende a praza Maior de Trives a subida ecuestre ata Cabeza Grande de Manzaneda, con 24 cabalos. Entre os participantes nesta ruta a cabalo había persoas da zona, pero tamén doutros lugares como Quiroga.

 

 

Ademais, ás 8:30h. comezaba, tamén dende a praza Maior trivesa, a andaina cun total de 45 inscritos. O traxecto, no que se contaba coa colaboración da Policía Local e de Protección Civil de Trives, remataba ao chegar á estación de montaña, onde se situaba un posto de avituallamento. Despois, os camiñantes eran trasladados en autobús ata a Cabeza Grande de Manzaneda, onde se celebraba a romaría.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button