ConcellosÚltima hora

Andaina, música e sardiñada popular para festexar o San Xoán

Detalle do cartel anunciador das actividades.

Un percorrido pola Ruta dos Soutos será a proposta do Concello de Vilariño de Conso para celebrar o 23 de xuño o San Xoán. Así ás 19h. organizará a terceira andaina popular, con saída dende a praia fluvial do Cenza. O seu traxecto total será duns 11 km e os participantes disporán dun avituallamento na metade da ruta.

Esta actividade deportiva terá como broche unha sardiñada popular ás 21:30h, xunto cunha actuación musical. As persoas interesadas en participar poderán anotarse no Concello de Vilariño de Conso ou ben chamando ao teléfono 988 34 03 02. O custe da inscrición será de 2 euros para andaina e de 8 euros para a sardiñada.

Artigos relacionados

Back to top button