CulturaCulturaÚltima hora

Andaina polo Val do Silencio, no Bierzo, o 23 de xuño

Esta actividade será organizada pola Asociación Amigos do Camiño por Valdeorras

O vindeiro 23 de xuño a Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras organizará un percorrido polo Val do Silencio, máis coñecido como a “Tebaida do Bierzo”. A andaina incluirá unha visita á cova de San Genadio, ao Val do Silencio e á localidade de Peñalba de Santiago coa súa Igrexa Mozárabe.

A saída farase dende a praza do Concello da Rúa ás 8h. E está prevista outra parada no Barco. As prazas son limitadas e o prezo da inscrición é de 20 euros. “Levamos a caravela e tomaremos boa conta dela no lugar de Peñalba. O percorrido a pé son uns 8 quilómetros entre ida e volta. Convén levar unha prenda de abrigo e calzado no que non entre auga, xa que pasare mos por lugares húmidos”, segundo se informa dende a asociación.

As persoas interesadas en participar poden ampliar información ou inscribirse chamando ao teléfono:
616124521 e 988311614. O derradeiro día para anotarse será o 20 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button