
Dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico valdeorrés, ao mesmo tempo que se fai deporte e se desfruta das fermosas paisaxes da comarca cun fin solidario. Son as bases da andaina turística e do xantar popular que terá lugar o 11 de xuño pola canle romana de 12 km que percorre os concellos de Petín e Larouco.
Trátase dunha iniciativa benéfica a favor de Asfaval, que comezará ás 9:30h. Máis información e inscricións na web www.championchipnorte.com.