Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

“Andaina& Trail de Outono do Barco”, o vindeiro 14 de novembro

Terá un percorrido de 15 km cun punto de partida e meta no Castro

 

O vindeiro 14 de novembro o Club Peña Trevinca Barco retomará a celebración da “Andaina& Trail de Outono polas terras do Barco de Valdeorras”. Nesta nova edición, adianta a entidade deportiva, “haberá algunhas limitacións, motivadas pola pandemia. Pero é hora de ir saíndo do medo, e con precaución, desexamos celebrar esta proba despois de anulala no 2020”.

O punto de partida da andaina será O Castro (onde se concentrarán os participantes a partir das 8:30h.), como no 2019, pasando despois por Outarelo, Nogaledo, Forcadela, Reporicelo, Xagoaza e volvendo de novo ao Castro. Serán uns 15 km, cun desnivel acumulado total dun 1.300 m. A saída será ás 9:30 para os Andarines e ás 10:30 para os corredores do Trail. Ambos terán un circuíto común.

Entre as novidades da cita figura que o número de participantes quedará limitado a 150. “Indicarase o protocolo para seguir en canto á utilización en determinadas zonas da máscara, de evitar a aglomeración de xente, de toma de temperatura ao recoller a bolsa de corredor, etc.”, indica o club valdeorrés.

Os precisos serán de 6€ para os socios do club e de 10€ para os non socios do Club Pena Trevinca. No prezo incluírase unha bolsa de corredor con camiseta, auga e algo de avituallamiento, ambulancia, médico. “Non haberá máis avituallamentos establecidos polo roteiro, pero se algún precisase por motivo urxente auga, farémosllo chegar”, asegura o club.

 

Artigos relacionados

Back to top button