ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Andrés Montesinos: “Temos proxectos e ímolos levar adiante no ano e medio que nos queda”

O novo alcalde popular de Viana do Bolo adianta que Abelardo Carballo será tenente de alcalde

Andrés Montesinos tomando posesión como alcalde de Viana./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con ilusión, moitas ganas e con proxectos enriba da mesa. Dese xeito vén de iniciar o seu novo mandato á fronte da alcaldía de Viana do Bolo, Andrés Montesinos. Tal e como el mesmo aseguraba tras tomar posesión do seu cargo este mediodía no salón de actos do Concello.

“Temos proxectos e unhas obras que imos continuar entre todos. Somos un equipo, aquí do que se trata é do ben de Viana e por iso imos traballar”, comentaba ao termo da sesión plenaria. Ademais o rexedor do PP indicaba que teñen en mente novas obras e destacaba que “temos moi bos contactos coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Ourense e vannos apoiar, co 70% comprometido para a Casa da Androlla (que se ubicará no campo da festa e onde se pretende situar aos comensais desta festa, xunto co pavillón) e incluso para a Praza de Abastos, e imos intentar facer unha actuación en cada aldea en función do que nos pidan ou do que nos demanden”.

 

Andrés Montesinos, co seu equipo de goberno municipal en Viana./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

En declaracións aos medios de comunicación, adiantaba que “se é posible Abelardo Carballo vai continuar como tenente alcalde e vai estar ao meu lado, exactamente igual que o outro concelleiro e os do PP”.

Así mesmo valoraba de forma positiva a xestión do ano de goberno de Carballo, tras o pacto entre os dous concelleiros non adscritos de Viana e o PP. “Este ano de goberno foi moi importante, e agora temos máisproxectos e  ímolos levar adiante no ano e medio que nos queda”.

Artigos relacionados

Back to top button