ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Animada celebración do San Xoán, con homenaxes incluídas, na rúa San Mauro do Barco

 

Recuperar o espírito festivo da rúa San Mauro do Barco no marco da celebración do San Xoán. Con este obxectivo os amigos da rúa San Mauro do Barco, a iniciativa de Aurelio Blanco Trincado, e a Tapería Agarimo organizaban na tarde e noite deste 23 de xuño unha exitosa sardiñada que reunía a numerosas persoas arredor da mesa e na que non faltaban outros petiscos como chourizos.

 

 

Ademais a celebración incluía o ritual da queimada, co seu tradicional conxuro, do que se encargaba Aurelio Blanco, ataviado para a ocasión cunha coroza. A festa incluía tamén outro acto sorpresa: unha homenaxe a dúas persoas veciñas desta rúa barquense. Por unha banda, a Joaquín Lado do Restaurante San Mauro, que recibía un recoñecemento como “máster míster chef” e, pola outra, a Marisa Lamela, filla de Horacio Lamela, “un dos impulsores dos festexos nesta rúa”. Ela convertíase na primeira “Meiga” de San Mauro.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button