EconomíaEconomíaÚltima hora

Anxo Trives, entre os cociñeiros do menú degustación das Xornadas de Boi e Vaca do País en Sober

Estas xornadas desenvolverase nas fins de semana ata o 6 de xaneiro en Merenzao Restaurante-Viñoteca

Compartir a cultura gastronómica dun dos “produtos máis significativos e de calidade do rural galego dunha forma contemporánea”. Con este obxectivo Merenzao Restaurante-Viñoteca de Doade (Sober) celebrará cada venres, sábado e domingo ata o vindeiro 6 de xaneiro unhas Xornadas de Boi e Vaca do País. “Ademais dos afamados chuletóns á brasa por encarga, poderán degustarse pratos contemporáneos especialmente deseñados para a ocasión polo xefe de cociña Carlos J. González”, tal e como se informa dende este establecemento.

 

 

Esta proposta gastronómica poñíase en marcha o domingo 1 de decembro cun menú degustación a “12 mans” no que participaban, xunto a Carlos J. González, os recoñecidos cociñeiros Anxo Trives (Hostal Restaurante La Viuda de Trives), Begoña Vázquez (O Regueiro da Cova e O Souto das Candeas, Verín), Bianca Coura (Glabistro, Ourense), Gerson Iglesias e Luis Romaní (Sybaris 2.0, Ourense). A proposta de Anxo Trives era unha tenreira de Trives de crianza tradicional e pisto.

Cada un deles elaboraba un prato a base de boi e vaca do país ou cunha raza autóctona dentro dun menú que tiña oito pases e tiña un importante éxito de convocatoria, logrando o aforo completo.

Fotos cedidas.

Máis información e reservas:
www.merenzao.es/reservas

 

Artigos relacionados

Back to top button