EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Ao son das gaitas cobra vida a XLII Feira do Viño de Quiroga

O seu recinto está situado na rúa Real da vila e nel pode desfrutarse dos viños de ata 14 adegas

 

O himno galego, interpretado pola Real Banda de gaitas Real Xuvenil de Ourense, soaba no acto inaugural da XLII Feira do Viño de Quiroga, situada na céntrica rúa Real desta vila. Eran arredor das 11:45h. cando o alcalde, José Luis Rivera, acompañado por outros membros do grupo de goberno municipal. procedía ao corte da cinta inaugural.

 

 

O acto tiña lugar na entrada ao recinto feiral, que nesta edición reúne a 14 adegas. Delas, 13 son da da subzona Quiroga- Bibei ou, dentro da DO Ribeira Sacra, teñen viñas ou compran uvas en Quiroga. Ademais participa como convidada unha adega valdeorresa.

 

 

 

Así na mostra poden catarse os viños de Alma das Donas, Algueira, Atrium Vitis, EDV Viticultores, Alvaredos –Hobbs, Lar de Ricobao, Ponte da Boga, Rectoral de Amandi, Casa de Outeiro, Val de Quiroga, Adega Gullufre, Pazo de la Cuesta e Adamare Wines, así como os da valdeorresa Alán de Val. Ademais, no recinto feiral tamén hai expositores doutros produtos gastronómicos típicos de Quiroga como mel, aceites ou marmeladas.

 

 

Numerosas persoas visitaban xa as casetas da mostra tras a inauguración, entre elas estaban os membros da Confraría do Viño de Quiroga e tamén a pregoeira desta edición da feira, a sindicalista Afra Blanco, con raíces neste municipio lucense e coñecida polas súas colaboracións en mesas políticas dos programas Espejo público (Antena 3), Al rojo vivo (La Sexta) e sobre todo La Sexta Xplica. O seu pregón está previsto para ás 20:30h. desta tarde de sábado 30 de marzo. O acto será presentado pola xornalista valdeorrésa Manola Porto.

 

 

Ás 21h. terá lugar o acto de entrega de premios do Concurso de Camisetas “Feira do Viño 2024” no palco. E a festa continuará a partir das 21h. coa actuación da orquestra Disco Móbil LB.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button