ConcellosÚltima hora

Aparecen tres niños de vespa velutina nun parque de Monforte

Como medida preventiva o Concello ordeou acordoar a zona para que a poboación non poida acceder a el mentres non sexan retirados polos bombeiros

Imaxe do parque acordoado.

 

O Servizo de Medio Ambiente do Concello de Monforte vén de localizar na mañá de hoxe tres niños de vespa velutina no Parque López Suárez. Inmediatamente procedía a informar ao alcalde, José Tomé Roca, que ordeou “como medida preventiva, acordoar toda a zona para evitar que a poboación poida acceder ó parque e sufrir algunha picadura”.

Do mesmo xeito, o rexedor municipal púxose en contacto coa xerente do Consorcio de Bombeiros para que efectivos do mesmo, que contan con equipos axeitados para o tratamento deste tipo de niños, procedan á súa inmediata retirada.

Está previsto que os bombeiros acudan en breve ao Parque para solventar a situación. Desde o Concello de Monforte recoméndase aos pais e nais que non leven aos seus fillos ao parque ata que se estabilice e se solucione a situación. “Unha vez rematen os traballos de retirada dos niños e quede garantida a seguridade no Parque, procederase á súa apertura ós usuarios”, informan dende o Concello.

 

Un dos niños localizados no parque.

Artigos relacionados

Back to top button