Unha vintena de persoas participan neste sábado 11 de maio na xornada especializada “Pensa en Verde”, organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e enfocada na técnica de pódaa en verde co fin de obter información valiosa sobre as operacións e os custos asociados a estas prácticas, asegurando unha xestión eficiente do viñedo.
Esta actividade formativa, impartida polos enxeñeiros técnicos agrícolas Enrique Santiago Pérez Espino e Ricardo Dobao Macía, estase a desenvolver na aula do Centro Cultural Avenida da Rúa. Comezaba as 9h. e continuará ata as 18:30h.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
