
Educar nos valores da igualdade a través do xogo, dos contos e da creatividade. Con este obxectivo desenvolvíase ao longo da mañá do 19 de setembro a actividade coeducativa titulada “Coeducando creando. As lentes violeta e o dicionario da igualdade no Concello de Petín”.
Unha ducia de nenos e nenas participaban nesta iniciativa que se realizaba na Casa da Cultura petinesa. Este taller enmárcase no programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres que promove o Concello de Petín.