ConcellosÚltima horaVilamartín

Arcos (Vilamartín) recuperará o 8 de xullo a súa Festa Coveira

Interior dunha cova de Arcos./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Volva a Festa Coveira de Arcos, que o vindeiro 8 de xullo celebrará a súa sétima edición, abrindo de novo as súas fermosas covas ao público nunha celebración que entrelaza a cultura tradicional do viño, coa gastronomía e a festa popular. A festa comezará ás 20h. e estará amenizada polos grupos Abertal da Rúa e Bertolini de Manzaneda. Ademais tamén se fará a xa habitual procesión de Don Godellín.

Ao remate da ruta por estas adegas subterráneas habería actuación de Dani Argü Dj na praza da Festa. O prezo das entradas será de 15 euros en venda anticipada e de 18 euros o día da festa.

Esta festa será organizada pola Asociación de Coveiros de Arcos coa colaboración do Concello de Vilamartín. Levaba sen organizarse dende o 2019 por mor da pandemia.

Artigos relacionados

Back to top button