ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

Arcos (Vilamartín) vibra coa súa VII Festa Coveira

 

As singulares e antigas covas de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) convertíanse en protagonistas na tarde e noite deste sábado 8 de xullo. Logo dunha longa paréntese de tres anos esta localidade recuperaba a súa Festa Coveira, unha cita que entrelaza a cultura tradicional do viño, coa gastronomía e a festa popular e que vén de celebrar a súa sétima edición.

 

 

O programa festivo comezaba ás 20h. e estaba amenizado polos grupos de música tradicional Abertal da Rúa e Os Bertolini de Manzaneda, ademais de por Dj Isra nas covas. Unha vez que finalice a ruta e pechen estas estas adegas subterráneas, está previsto que a celebración continúe con Dj Tariro na praza da Festa.

Fotos e vídeo cedidos.

Ampliarase galería de fotos.

 

Artigos relacionados

Back to top button