ConcellosÚltima horaVilamartín

Arde a adega dunha casa en Arcos (Vilamartín de Valdeorras)

 

Rozando ás 15h. desta tarde de domingo producíase un incendion nun inmoble da localidade de Arcos (Vilamartín de Valdeorras). “Foi nunha casa deshabitada, e o que se viu afectado foi unha adega e o seu contido: ferramenta e leña. Non houbo persoas feridas”, segundo informa o 112 Galicia. Así as chamas danaban a cova e os materiais que se gardaban no seu interior.

Ata o lugar do suceso acudían os membros do GES Valdeorras, voluntarios de Protección Civil de Vilamartín, os bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil. Ademais para sofocar o incendio aportaba auga un camión do Distrito Forestal de Valdeorras e acodía un axente.

Artigos relacionados

Back to top button