ConcellosO BoloÚltima hora

Arde un alpendre en Valdanta (O Bolo)

 

Arredor das cinco e media da tarde deste 19 de marzo producíase un incendio nun alpendre da localidade de Valdanta (O Bolo). No seu interior había unha caldeira e un depósito de gasoil.

Ata o lugar do suceso acudían de inmediato os voluntarios de Protección Civil do Bolo, os bombeiros do parque comarcal, o GES da Veiga, a Garda Civil e forestais.

 

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais. Pasadas as sete da tarde o operativo de extinción aínda estaba traballando para sofocar o incendio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button