CulturaMúsicaÚltima hora

Arizona Baby e Luís Zahera, na sala Baranda do Barco

A banda vallisoletana de rock actuará o 13 de novembro e o humorista, o día 14
Cartaz do concerto de Arizona Baby.
Cartaz do concerto de Arizona Baby.

Música e humor. Son as propostas da Sala Baranda para esta fin de semana no Barco de Valdeorras.

A primeira, coma sempre será o venres, 13 de novembro a partires das 23:30h. e correrá por conta dos rockeiros de Valladolid Arizona Baby. Javier Vielba, Rubén Marrón e Guillermo Aragón achegarán ata O Barco o seu novo traballo Secret Fires, un disco que, coa súa formación “máis salvaxe e engraxada que nunca”, están levando de xira por diferentes festivais nacionais.

Custe da entrada: 12 euros anticipada (Ton y Son e Ticketea.com) e 15 euros en taquilla.

Cartaz do monólogo de Luís Zahera.
Cartaz do monólogo de Luís Zahera.

A segunda cita da fin de semana no Baranda virá da man do actor Luís Zahera (Sin tetas no hay paraíso, Petróleo, Celda 211, Mareas Vivas…) que presentará o seu monólogo “Chungo”.

Entradas anticipadas en Ton y Son 5,50 euros, e en taquilla 8 euros.

Artigos relacionados

Back to top button