En portadaÚltima hora

Armando Rodríguez renova como presidente na asemblea da Asociación Valdeorresa de Apicultores

Antes da reunión, José María Sejo impartía unha charla sobre a "Mortandade das abellas á saída da invernada"

 

O Centro Cultural de Santa Lucía en Vilamartín acollía esta tarde de sábado a asemblea da Asociación Valdeorresa de Apicultores. A xuntanza tiña como limiar un reparto de alimento e ceras e logo unha charla informativa sobre a “Mortandade das abellas á saída da invernada”, impartida por José María Seijo, quen ademais se refería á praga da Vespa velutina e á importancia de realizar o trampeo de raíñas na primavera para poder conter a expansión desta especie invasora.

Despois, pasadas as seis da tarde, comezaba a asemblea propiamente en cuxa orde do día figuraba a elección de membros de xunta da directiva e do presidente. Á fronte da asociación continuará o actual presidente, Armando Rodríguez, así como o resto de persoas que xa formaban parte do equipo directivo (Luz Rodríguez como vicepresidenta, María del Carmen Dosouto como secretaria e Sergio Da Rocha como tesoureiro), agás no caso dos vogais, onde os postos de Teodoro Suárez e Ricardo Rodríguez Neira pasan a ser ocupados por Iván Losada e Maite Estévez.

Armando Rodríguez aproveitaba para dar a benvida aos novos socios que se incorporaban á entidade e destacaba que esta asemblea é a primeira de tipo de presencial que se celebra dende o 2019.

No decurso da xuntanza abordábase tamén a memoria da asociación, expoñíase o inventario, o balance e as contas do 2022 así como o orzamento previsto para o 2023.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button