DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

As alevíns Vera e Gisela (3 Cuñados FS), seleccionadas para o galego de seleccións comarcais de fútbol sala feminino

Publicidade

 

Continúan as boas novas para a base do fútbol sala de Valdeorras, desta volta da man do equipo alevín do Pizarras Los Tres Cuñados FS. Dúas das súas xogadoras, Vera Rodríguez González (pivot) e Gisela Rodrigues Rodríguez (porteira) foron seleccionadas para participar no Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala na categoría Sub12 Alevín Feminino.

 

Vera Rodríguez.

 

Gisela Rodrigues.

 

“Tras dous entrenos realizados a pasada semana (mércores e venres ) hoxe, a partir das 19:30 horas realizarán o terceiro na localidade da Peroxa, no polidepprtivo Anxo Munín e mañá martes 6 de novembro ás 8 da mañá partirán desde a sede da delegación ourensá de fútbol sala cara Tui co resto de compañeiras co fin de defender ao combinado ourensán”, explican dende o club valdeorrés, orgullosos de que Vera e Gisela “pasaran do corte dando o seu nivel para representar ao fútbol sala valdeorrés”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button