ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As amas de casa do Barco celebran o seu particular magosto

A xuntanza tiña lugar na tarde-noite do venres 17 de novembro

Chourizos, panceta, pan, arroz con leite, roscas e por suposto castañas asadas. A asociación de amas de casa O Teixadal do Barco de Valdeorras celebraba cunha gran merenda o seu particular magosto.

Fieis á tradición e unhas semanas despois de iniciar o curso de actividades, un bo número de socias do colectivo barquense, asistían á cita na tarde-noite do 17 de novembro, na sede social no Chao, desfrutando da comida, da bebida e da compañía.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button