EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

As canteiras de lousa valdeorresas, escenario dun videoclip

A cantante coruñesa Carolina Rubirosa ten previsto comezar a filmación do vídeo promocional do seu tema “Terra de Ninguén” en outubro

Carolina Rubirosa, na súa visita ás canteiras de lousa para buscar localizacións./ Foto cedida.
A cantante e compositora coruñesa, Carolina Rubirosa, coñecida por versionar temas dos Beatles co grupo The Funkles visitaba este venres 4 de setembro diferentes emprazamentos na contorna das canteiras de lousa en Carballeda de Valdeorras para a rodaxe do seu novo videoclip.
“Trátase do clip promocional do tema “Terra de ninguén”, cuxo rodaxe previsiblemente realizarase no mes de outubro”, segundo adianta o Cluster da Pizarra de Galicia.
Membros do equipo de Rubirosa acompañárona durante a visita, entre eles Xaime Miranda, que dirixirá o videoclip, e Iago Vilarinho, que se responsabilizará da fotografía do traballo.

Artigos relacionados

Back to top button