O día 8 de xullo ás 13:30h está prevista á chegada a Castro Caldelas dos ciclistas do “Movimiento Ultreya” na súa 8° Etapa: A Mezquita – Castro Caldelas. Son 25 participantes nunha etapa de 90 km e 1.700m. de desnivel. Os ciclistas saíron de Alcalá de Guadaira en Sevilla e teñen previsto o remate da súa viaxe en Fisterra.
“É un movemento solidario, onde o recaudado vai ser entregado a Asociación Cocas e Danzantes de Santa Tecla polo traballo realizado na recuperación da “Danza das Cocas”, sinala a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, quen tamén resalta que o 8 de xullo será “unha ocasión única para ver danzar as Cocas e aos Danzantes na Praza do Prado da vila”.
As “Cocas” estarán acompañadas pola Agrupación Castro Floxo que acompañará musicalmente e bailará a “Danza” da Virxe da Luz, traída de México por emigrantes hai varios siglos. Esta danza, explican dende o Concello de Castro Caldelas, foi prohibida nos anos 1950 e logo enterradas as “Cocas” xigantes nun pozo. No ano 1985 foron recuperadas cos datos aportados polo “Danzante” D. Santos Rodicio.