A ritmo de batucada abríase o desfile do Martes de Entroido no Barco, que partía ás 17:30h. desde o Hospital de Valdeorras e que concluía na praza Maior da vila. Nel participaban unhas 15 comparsas, entre elas as de centros escolares da vila, pero tamén doutros puntos da comarca como Rubiá.
O desfile contaba tamén coa presenza dos folións Os Arrieiros de Petín e co dos Viticultores de Vilamartín. Esta comitiva de disfraces, cor e música cortaba a estrada central da vila, durante case dúas horas. Para regular o tráfico contábase coa colaboración da Policía Local e de Protección Civil do Barco.
Tras o desfile estaba previsto baile na praza Maior amenizado pola disco móbil Boa Festa.
Fotos: A.R.
13 de Febreiro de 2024