En portadaÚltima hora

As eleccións galegas serán o 18 de febreiro

Anunciábao Alfonso Rueda tras o Consello da Xunta celebrado neste xoves

Alfonso Rueda antes de entrar do Consello da Xunta, esta mañá.

 

Haberá adiante electoral. Tras a reunión semanal do Consello da Xunta, celebrado esta mañá, o presidente do Goberno galego Alfonso Rueda anunciaba que as vindeiras eleccións galegas terán lugar o 18 de febreiro do 2024. “Unha vez que dende o 1 de xaneiro Galicia terá orzamento, acabo de trasladarlle ao Consello da Xunta a miña decisión de convocar eleccións autonómicas para o 18 de febreiro para que Galicia conserve a súa certeza e a súa estabilidade, a boa marcha de Galicia non se van interromper”, dicía Rueda.

O vindeiro martes o decreto de convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG). “E tomo a decisión, unha vez cumpridos os obxecticos para esta lexislatura”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button