SanidadeÚltima hora

As etapas do desenvolvemento psicomotor dos bebés, paso a paso

A fisioterapeuta Cristina Suárez impartía un obradoiro sobre esta temática no marco da 5ª Semana da Lactación Materna do Barco

Dende que nacen, os bebés van desenvolvendo o seu sistema psicomotor, con diversos movementos e dunha forma continua. Controlan a cabeza, voltéanse, rastrexan, séntanse, gatean ou comezan a andar. Cada unha das etapas do desenvolvemento psicomotor explicábanse detalladamente no obradoiro que impartía na tarde do 4 de outubro Cristina Suárez, fisioterapeuta e osteópata no marco da 5ª Semana da Lactación Materna do Barco. “Cada neno ten o seu ritmo, o que non podemos facer é queimar unha etapa”, matizaba esta profesional. A parte da sesión teórica, o obradoiro completábase un apartado práctico no que os pais e as nais presentes recreaban cada unha desas etapas dos bebés a partir do control da cabeza.

A Semana da Lactancia Materna do Barco, organizada polo Grupo de apoio á lactancia e á crianza con apego De Nai a Nai, continuará o sábado 7 de outubro con dous novos obradoiros sobre lactación materna e a comunicación en familia, que correrán a cargo da asesora de lactación e coach de familia, Noelia, Prieto. Será no local da asociación no Barco (no cuarto andar do edificio da biblioteca).

Artigos relacionados

Back to top button